McGuinnes (Sinn Féin) demite como viceprimeiro ministro de Irlanda do Norte

A renuncia prodúcese a raíz dun caso de corrupción que salpica a primeira ministra (unionista) e abre as portas a unhas novas eleccións nos seis condados da illa baixo soberanía británica.

McGuinness_1
photo_camera Martin McGuinnes, á derita da imaxe.

Martin McGuinnes, Sinn Féin, renuncia ao cargo de viceprimeiro ministro de Irlanda do Norte, unha decisión adoptada a raíz do escándalo de corrupción que atinxe á ministra principal, Arlane Foster, do unionista DUP. A demisión do republicano sitúa os seis condados de Irlanda baixo soberanía británica na liña de saída para unhas novas eleccións.

O certo é que a renuncia de McGuinnes era un paso que se vía vir. O líder do Sinn Féin, Gerry Adams,  advertía este mesmo domingo que os republicanos irlandeses non ían consentir que a primeira ministra do Ulster continuase no seu cargo durante a investigación sobre o escándalo de suposta corrupción na xestión do RHI, que lle afectaba a ela. Unhas irregularidades por valor de perto de 500 millóns de euros.

O Sinn Féin advertira que ían ser “intransixentes” sobre a corrupción, “tanto no sur como no norte” da Illa. Este partido avogaba porque a primeira ministra dese un paso atrás de deixase o cargo temporalmente durante a investigación sobre o escándalo RHI entendendo que Foster estaba nun “claro conflito de intereses”. “O pobo exixe accións claras e render contas” neste asunto, afirma MacGuinnes, algo que o DUP e Foster non fixeron. Por iso a renuncia ao cargo.

Comentarios