ATENTADO NUN PARQUE

Matanza no Paquistán

Un ataque suicida deixou arredor de 70 persoas falecidas, a meirande parte crianzas e as súas nais, nun parque da cidade de Lahore, no leste do Paquistán.

vicentmontagud  2
photo_camera [Imaxe: @vicentmontagud] Un home chora após o atentado no parque infantil

Novo ataque suicida que se vén de sumar aos que tiveron lugar na sexta feira en Iemen e no Iraq. Desta vez foi o Paquistán o lugar afectado, que viu como a consecuencia do atentado faleceron, cando menos, 70 persoas, na súa maior parte crianzas e mulleres. E é que a explosión tivo lugar nun parque dunha zona residencial da cidade de Lahore, leste do Paquistán.

Segundo un portavoz policial, “un suicida fixo explotar as bombas que portaba no parque Gulshan Igbal arredor das 19h (hora local)”. Como consecuencia do atentado, amais das persoas falecidas, hai máis dun cento de feridas que están a ser trasladadas a hospitais.

Os primeiros indicios da investigación apuntan a que a bomba contiña rodamentos de metal, que fixeron de metralla. De aí que se sospeite que o atentado pretendía causar o maior número de vítimas posíbel.

Comentarios