Masiva participación e abrumador respaldo á autodeterminación en Donetsk e Lugansk

A opción a favor da autodeterminación de Donetsk -autoproclamada como República Popular- e Lugansk obtivo un apoio abrumador nas urnas nos referendos realizados este domingo.

votaçoes
photo_camera votaçoes

A alta participación -arredor do 75% en Donetsk e na contorna do 80% en Lugansk- marcou o desenvolvimento da xornada, pese a realización dos referendos ter sido considerada ilegal por Kiev e os socios occidentais, liderados polos EUA, do goberno de Ucraína.

A tensión pre-bélica non enrrugou as poboacións destes territorios rusófonos da Ucrania oriental. Tampouco o chamado de Putin a que se aprazasen as consultas tivo o menor efeito. As forzas rebeldes mostraron un alto grao de organización e a xornada decorreu con relativa normalidade.

A contaxe preliminar das primeiras papeletas non deixa marxe para a dúbida: en Lugansk o voto contrario á constitución deste territorio como un novo Estado apenas alcanzou o 5% dos sufraxios, mentres que na República Popular de Donetsk o apoio á vía autodeterminista atinxiu o 89,7% dos votos emitidos.

Kiev non recoñece a lexitimidade destas consultas, mas a Ucraína oriental tampouco recoñece a lexitimidade das autoridades de Kiev, un conglomerado con presencia neonazi que depuxo o presidente democrático do país. A situación é de práctica ruptura. A partición do Estado ucraniano está sobre a mesa como unha hipótese nada desbotábel, como tampouco ninguén pode descartar a perspectiva dun confronto armado aberto que acabase envolvendo a OTAN e a Rusia.

Comentarios