O masacre de 500.000 comunistas en Indonesia é declarado crime contra a humanidade medio século despois

O Tribunal popular internacional (TPI) exixe ao goberno indonesio que investigue o xenocidio de 1965, para alén de declarar Estados Unidos, Reino Unido e Australia cómplices.

Tribunal indonesia
photo_camera Tribunal popular internacional

Medio século despois do masacre en Indonesia de medio millón de comunistas (hai estimacións que elevan a cifra a un millón) o Tribunal popular internacional (TPI) 1965 vén de equiparar o acontecido con outros xenocidios do século XX e cualifícao como “crime contra a humanidade”. O TPI non ten competencias xurídicas reais. Foi creado por ONGs e no veredito exixe que o goberno indonesio investigue a matanza e pida desculpas, para alén de declarar que EUA, Reino Unido e Australia foron cómplices, indirectamente, do masacre. Os resultados do xulgamento serán debatidos en abril de 2017 na Comisión de Dereitos Humanos da ONU.

O PKI (Partido Comunista de Indonesia) tiña na primeira metade da década dos 60 máis de tres millóns de militantes e era dos maiores partidos comunistas do mundo. Sukarno foi o primeiro presidente indonesio após a independência de Holanda. Nos primeiros tempos de independencia tentou garantir um equilíbrio entre o Exército, o PKI e os grupos islámicos. A noite do 30 de setembro de 1965 un grupo de militares irrumpía na casa de seis xenerais, matándoos. Comezaba así unha vaga de represión que se prolongou durante un ano e se estendeu por todo o país para “cazar comunistas” pois o exército acusou PKI de ser responsábel da morte dos xenerais. Suharto, tenente xeneral, dirixiu a represión e en 1966, con Sukarto debilitado, tomaba o control do país para pasar ser presidente (1967), cargo que ocuparía durante tres décadas.

O xenocio ficou no esquecemento até que en 2012 se estreou 'The act of Killing', un documentario de Joshua Oppenheimer no que amosa os responsábeis do masacre gabándose dos crimes cometidos e visitando, con orgullo, os lugares onde os cometeran. Oppenheimer dixera que o esquecemento`' do xenocidio durante décadas debérase a que os vencedores foran quen deran a única versión dos feitos. “"É como se Hitler tivese ganado a guerra e Himmler fose um heroe nacional, salvador da patria. Na Indonesia, os gañadores seguen a ter moito poder e toda a impunidade do mundo para seguir perpetuando a sua versión dos feitos".

Comentarios