Martín Villa, citado a declarar polos crimes franquistas

Martín Villa
photo_camera Martín Villa

O  ex ministro Rodolfo Martín Villa, presunto responsábel do masacre do 3 de marzo de 1976 en Gasteiz, onde houbo cinco traballadores mortos e 150 feridos causados pola policía española, está citado a declarar o próximo 3 de setembro na causa aberta pola xuíza arxentina María  Servini de Cubría, que investiga supostos crimes da ditadura franquista española.

Martín Villa poderá declarar por vía telemática desde a embaixada ou algún consulado de Arxentina no Estado español.

Segundo avanza EFE, así o acordou a titular do xulgado do criminal e  correccional federal número 1 de Arxentina nunha resolución notificada á Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina contra os Crimes do Franquismo ( CEAQUA), segundo informa esta organización.

A  CEAQUA expresa o seu "desexo de que finalmente o acto procesual poida realizarse despois de múltiples intentos para que dita declaración se producise" e lembra que a Martín Villa atribúenselle supostos delitos de "homicidio agravado nun contexto de crimes contra a humanidade".

"Esperemos que Martín Villa, tal e como expresou en reiteradas ocasións, cumpra coa súa obrigación e compareza na data indicada para prestar declaración  indagatoria, pois unha vez que se produza a xuíza María  Servini poderá resolver se procede o seu procesamento", explica a  CEAQUA.

Comentarios