Após o pasamento do presidente da República Árabe Sahariana Democrática (RASD) e líder do Frente POLISARIO, Mohamed Abdelaziz, forzas policiais marroquís tomaron a cidade do Aaiún e despexaron pola forza calquera acto de homenaxe ao militante sahariano. Entre elas, unha carpa habilitada fronte ao domicilio do irmán de Mohamed Abdelaziz, Erguibi.
O espazo que foi erguido para acoller as persoas que quixesen ofrecer as súas oracións en lembraza do presidente falecido, foi derrubada, segundo informou o Comité de Defensa do Dereito de Autodeterminación do Pobo do Sáhara Occidental (CODAPSO).
Erguibi Abdelaziz é un avogado e ex-preso político na cárcere de Meguna durante 16 anos.
O despregamento policial nos territorios ocupados produciuse após coñecer o pasamento do presidente da RASD e das manifestacións que tiveron lugar nas principais cidades do Sáhara Occidental nos últimos días.