Marcha en Palestina contra o acordo emiratí con Israel

A protesta foi convocada por Hamas na cidade de Gaza, e diferentes faccións, incluíndo o partido Fatah, o movemento Xihad Islámica e grupos de esquerda, sumáronse á manifestación.
19 August 2020, Palestinian Territories, Gaza: Palestinians hold flags and placards as they march during a protest against the rapprochement between Israel and the United Arab Emirates. On 13 August 2020, the UAE and Israel have agreed to establish full diplomatic ties, make the UAE the first Gulf Arab country to establish diplomatic ties with Israel and only the third Arab nation to do so. Photo: Mahmoud Issa/SOPA Images via ZUMA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

19 August 2020, Palestinian Territories, Gaza: Palestinians hold flags and placards as they march during a protest against the rapprochement between Israel and the United Arab Emirates. On 13 August 2020, the UAE and Israel have agreed to establish full diplomatic ties, make the UAE the first Gulf Arab country to establish diplomatic ties with Israel and only the third Arab nation to do so. Photo: Mahmoud Issa/SOPA Images via ZUMA Wire/dpa

19/8/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Un momento da manifestación desenvolvida na cidade de Gaza (Mahmoud Issa / SOPA)

Centos de palestinos manifestáronse nas últimas horas en Gaza en protesta contra o recoñecemento do Estado de Israel e por parte dos Emiratos Árabes Unidos (EAU) coa mediación do Goberno dos Estados Unidos. A protesta foi convocada por Hamas, organización que goberna na faixa,e desenvolveuse fronte á sede do organismo de Obras Públicas e Asistencia das ONU para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo, no centro da cidade de Gaza.

Os manifestantes marcharon ondeando bandeiras palestinas e carteis e pancartas en contra da normalización de relacións entre EAU e Israel. Diferentes faccións, incluíndo o partido Fatah, o movemento Xihad Islámica e grupos de esquerda, sumáronse á manifestación.

Algúns dos participantes queimaron bandeiras de Israel e dos EUA, pisaron imaxes do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, e do presidente estadounidense, Donald Trump, e cantaron lemas como "a normalización é unha traizón a Xerusalén e Palestina", informou Al Jazeera.

Ademais, houbo pronunciamentos a favor do presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmoud Abbas, pola súa firme oposición ao plan de paz elaborado pola Administración Trump e que este último bautizou como o "Acordo do Século".

Ahmed  Helles, membro do Comité Central de Fatah, dixo que "a postura palestina está unificada", e engadiu que "nos enfrontaremos a calquera intento destinado a pór fin á nosa causa xusta", informaron as axencias internacionais.

No mesmo sentido se manifestou Khalil Al Hayya, dirixente de Hamas, afirmando que todas as faccións palestinas deben estar unidas para crear unha estratexia nacional que faga fronte á ocupación israelí. "A normalización da ocupación fainos dano e non nos axuda", dixo, en referencia ao obxectivo que os EAU dixeron defender co acordo de parar a anexión de territorios ocupados en Cisxordania. 

Bombardeo de Gaza

A manifestación chegou nun momento en que avións de Israel bombardean a faixa e Gaza noite tras noite desde hai nove días. Os ataques prodúcense en resposta aos globos incendiarios lanzados desde Gaza a través da fronteira, e logo de o Goberno israelí ameazar a Hamas con que se arrisca a unha "guerra" de continuar permitíndoo.

Comentarios