Manobras conxuntas de catro países da UE no Mediterráneo

Os exercicios militares aeronavais de Grecia, Francia, Italia e Chipre chegan en plena escalada de tensións con Turquía polos seus intereses de prospección no Mediterráneo oriental.
HANDOUT - 26 August 2020, Turkey, Malazgirt: Turkish President Recep Tayyip Erdogan delivers a speech to mark the 949th Anniversary of the Malazgirt Victory at the Malazgirt National Park. (best quality available) Photo: Ali Balikci/Turkish Presidency/dpa - ATTENTION: editorial use only and only if the credit mentioned above is referenced in full
ONLY FOR USE IN SPAIN

HANDOUT - 26 August 2020, Turkey, Malazgirt: Turkish President Recep Tayyip Erdogan delivers a speech to mark the 949th Anniversary of the Malazgirt Victory at the Malazgirt National Park. (best quality available) Photo: Ali Balikci/Turkish Presidency/dpa - ATTENTION: editorial use only and only if the credit mentioned above is referenced in full

26/8/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera O presidente turco, Erdogan, elevou onte o ton do seu discurso (Ali Balikci / Presidencia turca / dpa)

Forzas militares de Grecia, Francia, Italia e Chipre participan desde esta cuarta feira, 26 de agosto, nunhas manobras aeronavais conxuntas que chegan en plena escalada de tensións con Turquía polos seus intereses de prospección na zona oriental do Mediterráneo.

Os exercicios, que durarán até mañá, desenvólvense na zona sur de Chipre e, segundo o ministro de Defensa grego, Nikos Panagiotopoulos, queren "demostrar o compromiso dos catro países mediterráneos co Estado de Dereito como parte das políticas de redución de tensións", segundo informou o periódico Kathimerini.

O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, xa condenara a principios desta semana a preparación dos exercicios, acusando a Grecia de elevar a tensión na zona. Ankara considera que supoñen un perigo para a seguridade da navegación de todos os barcos que se atopan nesta rexión mediterránea.

Na cuarta feira, o mandatario advertiu de novo de que Turquía non renunciará aos seus dereitos nin fará "ningunha concesión" nas súas aspiracións sobre os mares Mediterráneo, Exeo e Negro, segundo recolleu o diario Daily Sabah. Neste último mar, Turquía localizou un importante xacemento de gas natural con  que aspira a reducir a súa dependencia enerxética actual.

Ameazas bélicas

"Se [os gregos] queren pagar un prezo, deixemos que veñan e se enfronten a nós. Se non teñen valor para o facer, deberían apartarse do noso camiño", advertiu Erdogan, durante un acto público en que acusou a Grecia de actuar como un matón.

Atenas, pola súa banda, pediu a Ankara que poña fin ás exploracións por entender que están en zonas que exceden a soberanía turca. O Goberno grego recibiu o apoio dos seus socios europeos e da UE no seu conxunto nesta reclamación.

A ministra de Defensa francesa, Florence Parly, subliñou en Twitter tras o inicio das manobras que "o respecto do Dereito Internacional debe ser a regra e non a excepción", nun momento en que "o Mediterráneo oriental se transforma nun espazo de tensións".

"A nosa mensaxe é simple: prioridade ao diálogo, á cooperación e á diplomacia para que o Mediterráneo oriental sexa un espazo de estabilidade [e non] un campo de xogo das ambicións dalgúns", engadiu  Parly, incidindo en que se trata dun "ben común".

Comentarios