A man dereita da ex-presidenta da Ucraína, novo xefe do goberno

A UE impuña como condición no contrato comercial que o deposto Ianukovich se negou a firmar que Yulia Timoshenko, encarcerada por corrupción e enriquecimento ilegal, ficase libre. A oposición deixouna ceiba o sábado.

yulia
photo_camera [Imaxe: Russia Today]


Após aprobar a destitución do presidente, Vitor Ianukovich, alegando desleixo nas súas funcións, o Parlamento da Ucraína colocou no seu lugar Olexandr Turchínov, a man dereita de Yulia Timoshenko, que foi primeira ministra do país.

Entre as condicións impostas pola Unión Europea no acordo comercial que Ianukovich non quixo asinar estaba a liberación de Timoshenko, encarcerada por corrupción e por enriquecimento ilegal durante a súa etapa de goberno.

Ceiba desde este sábado, foi proposta para ocupar a presidencia do país máis unha vez, se ben, segundo informan as axencias de noticias internacionais, refusou voltar ao cargo e apostou en que a Ucraína pase axiña a facer parte da UE, movemento que, segundo ela entende, "mudará todo". 

Namentres, Ianukovich fica en paradoiro descoñecido após negarse a demitir e denunciar un "golpe de estado" na súa contra. 

Comentarios