Máis un ERE en Intereconomía para despedir 140 traballador@s

Vén sumarse ao presentado en xuño que afectou 160 empregad@s. Aliás, o grupo de comunicación adebeda os salarios de entre tres e cinco meses


O grupo de comunicación Intereconomía, que hai dous meses entrou nun preconcurso voluntario de acredores, vén de presentar máis un ERE que desta volta afectará a 140 traballador@s. Concretamente, @s prexudicad@s son 70 d@s 98 empregad@s do diario La Gaceta, e outr@s 70 da televisión e da área corporativa. En total, o grupo ten en nómina por volta de 570 persoas contratadas.

Aplicando a reforma laboral imposta polo PP, Intereconomía pagará 20 días por ano traballado cun límite máximo de doce mensualidades. O expediente vén sumarse ao xa presentado en xuño contra 160 empregad@s cuxas indemnizacións non foron aínda adiantadas por Fogasa. Para alén de todo isto, o grupo empresarial adebeda os salarios de entre tres e cinco meses.

Comentarios