Máis unha resolución das Nacións Unidas pide o fin do bloqueo a Cuba

Son xa 23 as resolucións aprobadas desde 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Cuban@s contra o bloqueo
photo_camera Cuban@s contra o bloqueo

Só os EUA e Israel votaron en contra da proposta de resolución debatida esta terza feira (28 de outubro) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 

O texto demanda a fin do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto pola administración estadounidense contra a illa caribeña en 1962. Pola contra, 188 estados membros da ONU solicitaron que o goberno de Barack Obama retire este conxunto normativo que, aliás, constitúe unha violación do dereito internacional. 

"Débese respectar, sen excusas, a soberanía e a autodeterminación da nación cubana"

Trátase da vixesimo terceira vez que a organización internacional se posiciona a respeito deste asunto e, ao contrario do que aconteceu nas primeiras ocasións, nos últimos anos é o xigante estadounidense o que fica só.

Só EUA e Israel rexeitaron a resolución, fronte á maioría dos Estados que integran as Nacións Unidas pois, "manter o bloqueo a Cuba por motivos políticos castiga o desenvolvemento internacional das nacións", sinalou Vitali Churkin, embaixador da Celac na ONU. 

"Débese respectar, sen excusas, a soberanía e a autodeterminación da nación cubana", acrecentou e "pór fin a medidas unilaterais que non están respaldadas polo dereito internacional". 

Comentarios