Máis unha muller asasinada pola violencia machista

Aconteceu en Medina del Campo (Valladolid) onde M.H.C.L. foi asasinada polo seu ex-compañeiro cun tiro na cabeza.

Suman xa 17 as mulleres asasinadas no conxunto do Estado español. En tan só tres meses. Neste último caso de violencia machista M.H.C.L. foi asasinada polo seu ex-compañeiro cun tiro na cabeza e falecía horas despois de ser atopada. 

O home pasou xa a disposición xudicial após recoñecer ser o autor do crime en dependencias da Garda Civil. Segundo fontes da Subdelegación do Goberno español en Valladolid o home disparou até en dúas ocasións contra a muller, mais fallando, polo que volver cargar a arma e realizou un terceiro disparo que impactou na cabeza de M.H.C.L.

Comentarios