Acadan en día e medio máis de 450.000 sinaturas para que demita Rajoy

Unha petición na plataforma change.org que pide a demisión de Rajoy e cargos do goberno e o PP polo caso Bárcenas atinxe 340.000 apoios en só 24 horas. Máis de 450.000 a primeira hora da tarde desta sexta. Todo un récord neste portal
Rajoy
photo_camera Rajoy

Un mozo gaditano impulsou na páxina de ciberactivismo Change.org unha petición para recoller sinaturas solicitando a demisión de Mariano Rajoy e cargos do goberno e PP por recibiren "cartos en negro". Un paso que este andaluz deu após dar El País a nova dos pagamentos de Bárcenas. En 24 horas, esa petición atinxiu 340.000 apoios. Unha cifra que a primeira hora da tarde desta sexta feira xa acadaba as 450.000 rúbricas. 

Esta petición é a máis asinada na historia desta plataforma das redes sociais no Estado español e mostra até que punto estes pagamentos anoxaron a cidadanía. A isto hai que engadir que milleiros de cidadáns saíron á rúa esta quinta feita para se concentraren fronte ás sedes do PP.

Comentarios