Máis de 33.000 sinaturas piden en EEUU a Obama que apoie o referendo de Catalunya

A Casa Branca respostou aos adherintes á petición que "recoñecemos a singular cultural e tradición da rexión", mais o seu estatus "é un asunto interno español"
Casa Branca

 A Casa Branca vén de contestar esta fin de semana a unha petición cidadá que reuniu 33.000 sinaturas solicitando o apoio do goberno de EEUU ao referendo de autodeterminación de Catalunya. A solicitude foi impulsada por Sean M, de Columbus (estado de Ohio), a finais de novembro e nestes dous meses atinxiu máis de trinta tres mil rúbricas na demanda do apoio "de Estados Unidos ao dereito do pobo catalán a decidir un futuro mellor para él a través dun referendo xusto e democrático".

Esta petición colgouse na web "We the People" da Casa Branca. Cando unha iniciativa recaba máis de 25.000 sinaturas, o goberno ten a obriga de contestar. De aí a resposta do executivo norteamericano, a través de Caitlin Hayden, portavoz do Consello de Seguridade Nacional. "Recoñcemos a singularidade cultural e a tradición desta rexión. Mais consideramos que o seu estatus é un asunto interno español. O goberno e o pobo de España resolverán o asunto de conformidade coas súas leis e constitución".

Comentarios