Máis de 70 ex ministros do PSOE, PP e UCD impulsan un manifesto de apoio a Xoán Carlos I

Xoan Carlos I nunha imaxe de arquivo nunha regata en Sanxenxo (oto: (Lalo L Villar / Europa Press)
photo_camera Xoan Carlos I nunha imaxe de arquivo nunha regata en Sanxenxo (oto: (Lalo L Villar / Europa Press)

Máis de setenta ex ministros,  epresidentes autonómicos, embaixadores e outros antigos altos cargos subscribiron un manifesto de apoio ao rei emérito, defendendo a súa presunción de inocencia e lembrando o seu legado nestes máis de corenta anos de democracia, a "etapa histórica máis frutífera que coñeceu España na época contemporánea".

O manifesto chega tan só 24 horas despois de coñecerse que Xoán Carlos I, que fuxiu de España hai dúas semanas perseguido polas informacións sobre os seus negocios en Arabia Saudita, atópase nos  Emiratos Árabes Unidos.

"As numerosas informacións que aparecen estes días sobre determinadas actividades do Rei Xoán Carlos I excitaron unha proliferación de condenas sen o debido respecto á presunción de inocencia. Se as súas accións puidesen ser merecedoras de reprobación decidirano os tribunais de xustiza. Pero nunca se poderá borrar o labor do Rei  Xoán Carlos en beneficio da democracia e da Nación, so pena dunha  ingratitud social que nada bo presaxiaría do conxunto da sociedade española", sosteñen.

O documento -subscrito entre outros polos socialistas Alfonso Guerra, Celestino Corbacho e Matilde Fernández ou o ex alcalde da Coruña e ex embarixador Francisco Vázquez; o populares Josep Piqué, Jaime Mayor Oreja, Rafael  Catalá, Ana Pastor, José Ignacio  Wert e Esperanza Aguirre; e Rodolfo Martín Villa (UCD)- subliña que "a Monarquía parlamentaria, así como o conxunto da Constitución de 1978, propiciaron unha España moderna, cun sistema político, económico e social avanzado fraguado na liberdade, na xustiza e na solidariedade".

Comentarios