Reencontro simbólico en Santa Clara de Fidel e o Che

Máis de 6 millóns de cubas e cubanos selan o seu compromiso coa Revolución

Máis de 6 millóns de cubanas e cubanos estamparon xa a súa asinatura en sinal de adhesión ao conceito de Revolución alcuñado por Fidel Castro. Os restos do líder cubano chegaron esta quinta feira a Santa Clara, cidade na que repousan tamén os do Che.

Fidel
photo_camera A caravana avanza entre as multitudes

A Revolución entendida como compromiso coa construción dunha sociedade socialista e soberana, mais tamén co submetimento de calquera postulado teórico á crítica e. eventualmente, á mudanza. Así a conceituaba Fidel Castro e a ese conceito aderiron estes días, segundo informa o Granma, por volta de 6 millóns de cubanas e cubanos, que se achegaron aos máis de mil locais dispostos ao longo e ancho de todo o país para asinaren un documento de lealdade á obra do comandante desaparecido.

revolução"Revolución é sentido do momento histórico. É cambiar todo o que debe ser cambiado. É igualdade e liberdade plena. É ser tratado e tratar os demais como seres humanos. É emanciparnos por nós mesmos e polos nosos proprios esforzos", afirmou Fidel Castro no seu xa célebre discurso de 1 de Maio de 2000 en que definiu o que el, como líder cubano, entendía por proceso revolucionario.

E mentres tanto, a chamada Caravana da Liberdade -na que viaxa un cofre coas cinzas de Castro- protagonizou un dos momentos simbolicamente máis poderosos do seu percurso rumo a Santiago de Cuba: fixo noite en Santa Clara, onde repousan os restos do outro grande heroe da Revolución, Ernesto Guevara de la Serna.

Comentarios