Máis de 50 mortos en atentados en Somalia, Exipto e Iraq

Máis tres atentados atentados terroristas na fin de semana súmanse ao rexistrado o sábado en Estambul. Así, en Mogadiscio (Somalia) faleceron cando menos 29 persoas a mans da milicia islámica de Al Shabaab, mentres que no Cairo falecían unhas 20 persoas logo dunha explosión nunha igrexa cristiá. En Faluya (Iraq) morrían oito.

[Imaxe: Garda Civil] Atentado nunha igrexa do Cairo
photo_camera [Imaxe: Garda Civil] Atentado nunha igrexa do Cairo

Tres atentados veñen engrosar o ataque sufrido onte en Estambul, no que faleceron unhas 38 persoas. A milicia islámica de Al Shabaab reivindicou o atentado rexistrado no porto da cidade de Mogadiscio (Somalia), que deixou 29 persoas falecidas e outras 50 feridas. Segundo fontes policiais, un suicida que manexaba un camión cunha bomba foi o autor da acción nun dos portos máis importantes de Somalia.

Os edificios da zona sufriron graves danos e a actividade do porto viuse interrompida.

O Cairo

Doutra banda, máis de 20 persoas faleceron tamén este domingo após estourar unha bomba localizada á entrada dunha igrexa cristiá no Cairo (Exipto). O templo atopábase ateigado de fieis e o artefacto foi colocado nunha parte da igrexa que dá contra unha rúa concorrida. Polo de agora, ningún grupo reivindicou a acción.

O atentado do Cairo ocorre dous días após outro ataque cunha bomba provocara a morte de seis policía que realizaban labores de control nunha avenida que conduce ás pirámides de Guiza.

Bagdad

O ataque de Faluya (Bagdad) tivo lugar con dous coches bomba e o balanzo, polo de agora, é de oito persoas falecidas. Os atentados xa foron reivindicados polo Daesh.

Comentarios