Máis de 20.000 persoas marchan en Viena en apoio aos refuxiados

Diversos colectivos e organizacións convocaron a mobilización, que decorreu sob o lema 'Ser persoa en Austria'.

refuxiados viena manifestación

Máis de 20.000 persoas percorreron esta segunda feira en Viena os 3 quilómetros que separan a estación de Westbahnhof do Parlamento para defender os dereitos d@s refuxiad@s que por miles están chegando a Europa. A marcha, convocada por diferentes entidades e organizacións humanitarias austríacas, decorreu sob o lema 'Ser persoa en Austria' e contou co apoio de diferentes entidades da esquerda política e social.

Precisamente o ponto de partida da mobilización, a estación de Westbahnhof, acolleu nestes días miles de refuxiad@s que, procedentes da veciña Hungría, procuran chegar en tren a Alemaña. O goberno de Austria intensificou os controis na fronteira após de que a semana pasada se encontrase unha camioneta con 71 refuxiad@s mortos. O goberno calcula que este ano terá que xestionar por volta de 80.000 solicitudes de asilo, catro veces máis que en 2014.

Desde diferentes sectores sociais en Austria e Alemaña estase a dermandar un compromiso activo de axuda e solidariedade para coas persoas refuxiadas por parte das administracións. Ademais, ONGs e entidades civís activaron diversas liñas de axudas, desde postos de comida e primeiros auxilios a improvisados campamentos.

Comentarios