Maduro informa da detención de tres militares que preparaban un golpe de estado

O presidente bolivariano deu conta da detención de tres xenerais que pretendían, indicou, mobilizar "a Forza Aérea contra o Goberno lexítimamente constituído". 

Nicolás maduro
photo_camera Nicolás Maduro

O presidente da República Bolivariana de Venezuela informou esta terza feira (25 de marzo) da detención de tres militares pertencentes á Forza Aérea do país por estaren a preparar un golpe de Estado. Segundo explicou Nicolás Maduro, os militares "pretencdían alzar a Forza Aérea contra o goberno lexitimamente constituído" e pasaron xa a disposición xudicial. 

A detención produciuse após seren denunciados pola propia Forza Armada Nacional Bolivariana que os acusou, asemade, de "estaren vinculados á oposición". 

Esta acción do executivo bolivariano prodúcese no medio dun "plan para desestabilizar o país", denunciou o líder bolivariano, que estaría artellado polas forzas opositoras ao goberno.

Neste senso, os tres xenerais aseguraban que "esta semana ía ser decisiva". Así, para tornar a balanza en favor da oposición os militares preparaban un golpe de estado alentados, sinalou Nicolás Maduro, por "consellos de quen quer destruír a democracia" e "soñan cunha intervención militar estranxeira". 

O presidente de Venezuela reiterou na súa comparecencia pública a chamada ao diálogo porque, dixo, "queremos o camiño da paz e a verdade". 

Comentarios