Maduro amosa unha gravación da proclama do golpe de Estado e acusa EUA

O presidente venezuelano destaca a importancia da gravación para demostrar o papel de Washington na política interna do país. Intelectuais como Ignacio Ramonet denuncian o ‘golpismo’ da dereita.

Venezuela
photo_camera Venezuela

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, amosou unha gravación da proclama do suposto golpe de Estado desarticulado na que un dos responsábeis da trama pide a súa renuncia, un documento que, segundo o goberno bolivariano, foi entregado por escrito por unha funcionaria de Estados Unidos aos ‘golpistas’. Maduro afirma que o son foi gravado polo que cualifica de “un patriota cooperante’’, quen mantivo unha conversa vía Skype con Carlos Osuna, un golpista que vive en EUA, segundo Maduro.

Na gravación escóitase alguén que sería Carlos Osuna dicir “pedimos os altos membros do Alto Mando militar que se coloquen do lado correcto da historia, que é o da defensa da Constitución incorporándose de forma inmediata a este movemento”. A proclama chama a “controlar” diversas instalacións militares e organismos políticos en Caracas e carga contra o goberno de Venezuela.

Ramonet

Ignacio Ramonet denunciou a través das páxinas de Le Monde Diplomatique o que cualifica de “intentona golpista contra Venezuela”. O xornalista e intelectual de orixe galega fala do escaso eco das denuncias de golpismo na prensa internacional e enmárcaas na “estratexia de guerra” dos grandes medios dominantes nestes 15 anos “contra a revolución bolivariana”.

Comentarios