Contan mil contaxios cada 100.000 habitantes

Madrid restrinxe a mobilidade en 37 áreas sanitarias

Desde a segunda feira, queda limitda a mobilidade nesas zonas básicas de saúde, que se atopan en seis distritos da capital. Carabanchel, Usera, Villaverde, Villa de Vallecas, Puente de Vallecas e Ciudad Lineal, cunha maioría social obreira e de menor poder adquisitivo son os afectados.
EuropaPress_3326430_presidenta_comunidad_madrid_isabel_diaz_ayuso_comparecencia_rueda_prensa
photo_camera Díaz Ayuso durante a comparecencia na Real Casa de Correos. / E. P.

A medida tamén lle afecta a outros sete municipios da comunidade, Fuenlabrada, Humanes, Moraleja de Enmedio, Parla, Getafe, San Sebastian de los Reyes e Alcobendas.

"Detectamos que hai 37 áreas en toda a Comunidade onde a incidencia é moi superior”, explicou a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Para engadir que “estamos a falar dun milleiro de contaxios por cada 100.000 habitantes, una cifra gravísima”. Por iso, xustifica a presidenta madrileña, “vémonos na obriga de tomar medidas para conter a propagación do virus”.

Segundo comunicou, suspéndese a actividade en parques e xardíns pero non se limita a capacidade dos transportes e permítese circular dentro dos mencionados distritos e concellos cunha serie de limitacións como que as reunións privadas non poderán superar as seis persoas e haberá unha redución da capacidade dos locais de 50%.

Así mesmo, queda restrinxida a entrada e a saída nestas zonas agás para cuestións, como, os desprazamentos ao lugar de traballo ou a centros sanitarios, a unha citación xudicial, ao coidado de persoas dependentes ou para ir ao colexio.

Ayuso desbota o confinamento e o estado de alarma

A pesar de que durante a primeira vaga da Covid-19, Madrid foi o lugar desde o que se espallaron máis contaxios ao resto do Estado e á Galiza, nesta segunda vaga a presidenta da Comunidade insiste en que “hai que evitar a toda costa o estado de alarma e, sobre todo, o confinamiento". As razóns dadas por Ayuso para rexeitar estas medidas, que no seu momento o Goberno español non quixo adoptar, refírense a que ambas as dúas son “o desastre económico e hai que evitalo por todos os medios”.

Ayuso informou tamén de que na segundo feira, se reunirá co presidente español Pedro Sánchez para solicitarlle “un espazo de colaboración” porque, di, precisan “a forza do Estado”.  

Comentarios