O Goberno leva ante a Fiscalía as homenaxes a presos de ETA que acaban de saír da prisión

O Goberno español vai pór en coñecemento da Fiscalía os tributos populares rendidos a presos de ETA que acaban de ser postos en liberdade após cumpriren as súas condenas. As últimas homenaxes aconteceron esta fin de semana en Hernani e Oñate.
Zabaleta
photo_camera Faixa en que se dá a benvida a Hernani a José Javier Zabaleta Elosegi, Baldo

O Goberno Sánchez pide, aliás, á esquerda abertzale que se absteña de promover "actos de exaltación" das obras destes membros da organización armada ETA.

"Estes feitos [as homenaxes] son un insulto ás vítimas do terrorismo e á sociedade no seu conxunto", segundo un comunicado do Executivo.

Os integrantes de ETA que foron obxecto de homenaxe esta fin de semana son José Javier Zabaleta Elosegi, Baldoquen foi recibido en Hernani por familiares e persoas próximas após 29 anos en prisión, e Xabier Ugarte Villar, a quen lle foi rendido tributo en Oñate após unha estancia de 22 anos na cadea. 

Ugarte Villar é un dos membros de ETA que participou no secuestro do funcionario de prisións Ortega Lara, actualmente militante de Vox.

Comentarios