Le Pen recoñece a vitoria do seu rival

Macron vence a Le Pen nas eleccións presidenciais francesas

As sondaxes a pé de urna veñen de sinalar como vencedor das eleccións presidenciais en Francia a Emmanuel  Macron. Neste sentido, a candidata da extrema dereita ten recoñecido a súa derrota.

mmanuelle Macron aspira a revalidar a Presidencia de Francia. (Foto: Thomas Coex / AFP / dpa)
photo_camera mmanuelle Macron revalida a Presidencia de Francia. (Foto: Thomas Coex / AFP / dpa)

O presidente de Francia,  Emmanuel  Macron, impúxose na segunda volta electoral á súa rival Marine Le Pen, segunda as estimacións de voto publicadas tras o peche dos colexios electorais.

Segundo os mesmos, Macron obtivo 58,2 % votos, segundo a televisión pública, que lle concede a Le Pen 41,8 por cento dos sufraxios. A cadea  BFMTV rebaixa a 57,6%  o nivel de apoio ao presidente.

Os analistas franceses auguran un segundo mandato complicado para  Macron. O rotativo Le Journal  du  Dimanche prognostica, no seu titular de portada, que “o máis duro empeza mañá”. Nunha análise no interior vaticina “un quinquenio sementado de emboscadas”, a primeira das cales será, para o reelixido presidente, conseguir unha maioría na Asemblea Nacional, algo que non está en absoluto garantido.

Malia ao resultado,  Macron debe ser consciente de que a súa vitoria é máis axustada que fai cinco anos e que, de novo, unha parte significativa de quen o apoia faino case tapándose o nariz, para fechar o paso a Le Pen.

Comentarios