Macron pisa o pedal da enerxía nuclear e anuncia a construción de novos reactores

En Francia hai medio cento de reactores atómicos en activo e que xeran 70% da electricidade do país.

O presidente francés, Emmanuel Macron.
photo_camera O presidente francés, Emmanuel Macron.

En plena crise alcista dos prezos enerxéticos, Francia anunciaba a principios de outubro pasado que volvía apostar pola enerxía nuclear e deixaba aparcados os plans para desmantelar centrais e reducir a súa dependencia dun tipo de enerxía que non xera  CO₂ mais que é potencialmente moi perigosa. O presidente de Francia, Emmanuel  Macron, anunciaba entón que investirá 1.000 millóns de euros ata o 2030 para desenvolver pequenos reactores nucleares que se sumarían ao medio cento de reactores activos que hai no país.

O presidente francés anunciou este martes que o país vai construír novas centrais nucleares, por primeira vez en décadas, para garantir a súa independencia enerxética sen contribuír á aceleración do cambio climático.

Macron asegurou que o inicio da construción de novos reactores axudará a "garantir" a independencia e o aprovisionamento enerxético 

Nunha alocución televisada, centrada na pandemia e na recuperación económica,  Macron avanzou que "por primeira vez en varias décadas, relanzarase a construción de reactores nucleares e proseguirase co desenvolvemento das renovables".

Aínda que non deu detalles,  Macron xa dixo o mes pasado que unha das apostas do Goberno sería por reactores nucleares de pequeno tamaño do tipo SMR, máis rápidos e baratos de construír, cunha potencia instalada duns 170  MW por unidade.

Francia obtén aproximadamente o 70 % da súa electricidade da enerxía nuclear, grazas ao medio cento de reactores atómicos que seguen en activo.

Un conglomerado de empresas estatais constrúe desde 2007 un reactor de nova xeración, do tipo  EPR, cuns 1.650  MW de potencia, en  Flamanville (Normandía, noroeste), mais o proxecto está inzado de problemas técnicos e sobre custos que causaron longos atrasos.

Macron asegurou que o inicio da construción de novos reactores axudará a "garantir" a independencia e o aprovisionamento enerxético do país, á vez que se avanza cara ao obxectivo de que Francia alcance a neutralidade das súas emisións de carbono para 2050.

Comentarios