Macron cede ante os “coletes amarelos”

O primeiro ministro francés Édouard Philippe anuncia que a suba das taxas dos carburantes que debía entrar en vigor o próximo 1 de xaneiro se retrasa.

 

Coletes amarelos. Twitter Gilets Jaunes
photo_camera Coletes amarelos. Twitter: Gilets Jaunes

As protestas dos chamados “coletes amarelos” contra as continuas subas de impostos e a perda de poder adquisitivo forzou o goberno francés a retrasar seis meses a suba do imposto aos carburantes coma unha medida para intentar calmar os ánimos e atopar algunha solución.

Deste xeito, o goberno de Emmanuel Macron cede á presión das movilizacións dos “coletes amarelos”, sen vínculos con organizacións políticas ou sindicais concretas.

Estas manifestacións comezaron o pasado 17 de novembro coma unha protesta contra o impacto que a suba dos carburantes ía ter nos transportistas e no gasto nos fogares franceses.

A situación actual xorde da decisión do Executivo galo de incrementar, a partir do 1 de xaneiro, as taxas sobre o combustíbel de 6,5 céntimos por litro para o gasóleo e de 2’9 céntimos para a gasolina para reducir a dependencia do petróleo e favorecer unha economía con menores emisións de dióxido de carbono.

Comentarios