48º aniversario

Portugal lánzase á rúa para conmemorar a revolución de abril

Portugal prepárase para conmemorar 48 aniversario da revolución de 25 de abril. As principais localidades portuguesas acollen hoxe mobilizacións e actos en lembranza do fito que devolveu a liberdade, rachou co fascismo e deu ao país unha democracia avanzada.

325 de abril_Lisboa
photo_camera Marcha en Lisboa en 2008 para conmemorar o aniversario da revolución de abril. (Foto: Nós Diario)

25 de abril é unha data gravada a ferro na memoria dos demócratas. Se os italianos lembran a caída do réxime fascista de Mussolini en 1945, portugueses, e tamén, galegos conmemoran o trunfo do movemento político e militar que puxo fin á ditadura máis antiga de Europa e abrigou posibilidades dun cambio real na Galiza e o Estado español.

Unha vez máis, as mai­ores ci­dades, como as aldeas mais pe­quenas, de todo Portugal vol­veron  a en­cherse con demócratas para conmemorar abril. Será en Lisboa, do Marques de Pombal até os Res­tau­ra­dores, onde se desenvolva o acto principal. Outro tanto, acontecerá en Porto, da rúa do He­roísmo à ave­nida dos Ali­ados, que acollerá unha das maiores marchas, organizados polas comisións pro­mo­toras das Conmemoracións Po­pu­lares de 25 de abril.

Movemento po­pular

Os concellos e o movemento asociativo están igual­mente mo­bi­li­zados para conmemorar o aniversario da revolución dos cravos, cun conxunto de ini­ci­a­tivas cul­tu­rais, deportivas, so­ciais e tamén alu­sivas á paz. Só na noite de 24 para 25 de Abril de­corren con­certos em­ble­má­ticos no So­bral de Monte, Agraço, Seixal, Se­simbra, Se­túbal  ou Grándola.

A memoria da resistencia está moi presente nos actos deste anos. Así, a terza feira, 26 de abril, a Unión de Re­sis­tentes An­ti­fas­cistas Por­tu­gueses (URAP) de Braga vai homenaxear os 140 an­ti­fas­cistas, nacidos, re­si­dentes ou estranxeiros, que naquel concello foran presos polas policías po­lí­ticas du­rante o pe­ríodo da di­ta­dura (1926-1974), coa colocación de 48 cravos, nú­mero que sinala os 48 anos de vivencia de­mo­crá­tica.

A Fun­dación José Sa­ra­mago pre­para un pro­grama es­pe­cial para ce­le­brar 25 de abril. Nos dias 23 e 30 de abril serán re­a­li­zadas vi­sitas gui­adas pelo Ro­teiro Le­van­tados do Chan, en Lisboa, formado por espazos asociados ao levantamento de 1974 e a loita contra o fascismo.

O ascenso do fascismo

O medre electoral das alternativas de extrema dereita centra boa parte do debate político en Portugal. Nesta dirección, determinadas forzas políticas están a cuestionar o carácter do movemento de abril, a dirección do modelo constitucional portugués e o sentido dos sucesos de hai 48 anos.

A deputada do Bloco de Esquerdas, Joana Mortagua, tense significado neste debate. Así, nun artigo publicado no Jornal I na quinta feira sinala que “a nosa democracia, foi construída para servir outros obxectivos: a descolonizaçión, a liberdade política, os dereitos humanos, económicos, sociais e culturais, a distribución da riqueza e a socialización da propiedade”

Mortagua destaca que “a nosa democracia fíxose sabendo o prezo de catro décadas  dunha política económica feita polas e para as elites; precedeuse de folgas e de loitas operarias históricas. A nosa democracia ollou para dentro e para fora e escolleu como camiño o socialismo, e así acreditaba quen saíu á rúa para organizar os barrios, os campos e as fábricas”.

Galiza no Portugal de abril

A revolución portuguesa de 25 abril de 1974 marcou a ducias de xeracións de galegos e abriu novas expectativas para aqueles compatriotas que loitaban contra a dictadura. A caída dunha ditadura tan lonxeva abrigou posibilidades entre os sectores da opinión democrática dun cambio semellante no Estado español e permitiu fixar unha retagarda segura ás forzas antifranquistas galegas.

O Portugal de abril acolleu unha chea de actos da oposición democrática galega. Así, en abril de 1975 presentouse publicamente en Porto a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG), unha organización de masas de carácter nacionalista, cuxa formulación ideolóxica e organizativa foi a base do actual BNG. O acto, organizado polo núcleo portugués da UPG, reforzado tras a chegada do exilio francés de Carme Graña contou coa participación de Xosé Vilas Nogueira, que actuou como voceiro da nova formación.

A Facultade de Letras de Porto serviu de marco para celebración das Xornadas da Cultura Galega, coordinadas pola propia Margarita Ledo entre 19 e 22 de xuño de 1975 e celebradas baixo o lema de “Por unha cultura científica, galega e popular”. O encontro xuntou a intelectuais portugueses amigos da Galiza como Rodrigues Lapa, Prado Coelho ou Anibal Almeida e a referencias públicas do nacionalismo como Ramón López Suevos, Xosé Vilas Nogueira ou Camilo Nogueira Román. A carón das palestras programouse unha exposición do libro galego e diversos concertos a cargo membros do Movemento Popular da Canción Galega.

Comentarios