López Obrador vaise submeter a un referendo revogatorio a metade de mandato

A mudanza de réxime ten de pasar por unha avaliación permanente dos logros do executivo, entende AMLO, o líder esquerdista que acaba de conquistar a presidencia de México cun resultado histórico (52,96 por cento do voto, por volta de 24 millóns de sufraxios).

lopez obrador
photo_camera López Obrador, nun acto de campaña

Os mandatos presidenciais en México son de 6 anos, mais López Obrador —líder do Movimento de Rexeneración Nacional (Morena)— quer submeterse a un control popular na metade do seu mandato, un referendo regovatorio que inequivocamente evoca as políticas de escrutinio do poder político características do chavismo venezuelano. "Voume submeter a unha revogación do mandato cada tres anos para os cidadáns decidiren se queren que continúe o presidente", dixo López Obrador, quen tomará posesión a 1 de decembro.

O triunfo de AMLO foi tan incontestábel que avantaxou en 30 pontos o seu máis directo rival, Ricardo Anaya, candidato polo Partido Acción Nacional, que debeu conformrse con 10,2 millóns de votos, 22,49 por cento das papeletas.

Aínda non foron escrutados todos os votos ás cámaras lexislativas, mais a impresión é que Morena tamén terá a maioría nelas.

O presidente mexicano eleito mantivo xa un primeiro contacto co seu homólogo estadunidense, co que falou por telefone. Trump agoirou que irán ter unha boa relación. Conversaron ←segundo fontes de ambas partes— sobre inmigración e a negociación do Tratado de LIbre Comercio de América do Norte.

Comentarios