Lleida, confinada

O brote de coronavirus levou o presidente da Generalitat, Quim Torra, a confinar toda a comarca do Segriâ
2020070416000073816
photo_camera Centro temporal de emerxencias no Segriá (Foto: EP).

O presidente da Generalitat, Quim Torra, anunciou que ás 12 horas deste sábado o Govern confinará perimetralmente a comarca do Segrià (Lleida), "debido aos datos que confirman un crecemento demasiado importante do número de casos de contaxio da COVID-19", aínda que até as 16 horas poderase entrar ou saír da comarca a quen resida no Segrià ou non residan, respectivamente.

"O Govern ten como prioridade a vida e a saúde das persoas, e tomará todas as decisións e medidas necesarias", declarou nunha rolda de prensa xunto aos consellers Miquel Buch e Alba Vergés desde o Palau da Generalitat tras presidir unha reunión co comité técnico do Procicat. Dixo que é unha decisión difícil que empezará ao mediodía restrinxindo as entradas e saídas da comarca, pero enviou unha mensaxe de serenidade e apoio aos veciños, así como o seu compromiso coa súa terra e a economía: "Pedímosvos que veledes polos máis vulnerábeis".

Torra pediu aos veciños e veciñas que eviten os lugares máis concorridos, as concentracións e aglomeracións: "Esperade un tempo para facer os encontros sociais masivos que agora podedes perfectamente atrasar e que tiñades planificados". "É importante que agora fagamos este esforzo para protexervos e protexer ás vosas persoas queridas", agregou Torra, que tamén se dirixiu a toda a poboación catalá para emprazala a non relaxarse. "Advertimos desde o principio que é necesario tomar todas as precaucións e respectar os consellos e as recomendacións", e engadiu que é necesario protexerse a un mesmo para protexer aos outros. MULTAS

Tamén reiterou a necesidade de utilizar máscaras, intensificar a hixiene de mans e manter a distancia física recomendada polos expertos: "Non nos podemos relaxar nin un segundo". Tamén alertou de que deu instrucións ao conseller de Interior, Miquel Buch, para que os Mossos d'Esquadra e os policías locais multen se é necesario a quen non respecten as normas que "protexen a todos".

Comentarios