Lixeira vantaxe do ‘Si’ a 48 horas do referendo grego

A porcentaxe de indecisos que reflicten últimas enquisas e sondaxes, entre un 12 e un 17%, será decisivo para o resultado definitivo da consulta que vai ter lugar o domingo no país heleno. No serán desta sexta feira decorrerán 2 grandes actos políticos en Atenas, aprol do Si e do Non

Grecia
photo_camera Grecia

O ‘Si’ ten unha lixeira vantaxe nas enquisas e sondaxes que estes días están a se realizar sobre o referendo grego do domingo. No inquérito de Ethnos o ‘Nai’ (si á proposta de acordo presentada polos acredores) ten un apoio do 44,8% fronte ao 43,4% do ‘Oxi’ (non). Hai un 12% de persoas indecisas. Esta sondaxe tamén reflicte que hai unha ampla maioría (74 %) das persoas enquisadas que é partidaria de que Grecia se manteña no euro.  A enquisa da Universidade de Macedonia para Bloomberg apunta que habería un empate técnico entre o Si e o Non (43% cada un), e os indecisos roldarían o 14%.

Alexis Tsipras, primeiro ministro grego, declarou que votar Non na consulta axudaría a Grecia a lograr mellores condicións e unha posición negociadora máis forte ante os acredores. Mais o presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, xa advertiu que a vitoria do Non na consulta non vai fortalecer Atenas e vai colocar ambas as dúas partes nunha situación “moi difícil”.

E a social-democracia europea?

Esta semana foi patente a soidade de Atenas entre os gobernos europeos. A social-democracia (alemá, francesa, española ou italiana) apenas se desmarcaron das mensaxes máis duras da dereita de atacar o goberno de Syriza e deitar nos seus ombros toda a responsabilidade da crise.

Comentarios