A líder dos independentistas escoceses imponse no primeiro debate electoral do Reino Unido

As enquisas coinciden en sinalar a Nicola Sturgeon como gañadora, por diante do actual primeiro ministro e o líder da oposición laborista.

Surgeon debate con Cameron (Foto: Vilaweb.cat)
photo_camera Surgeon debate con Cameron (Foto: Vilaweb.cat)


As enquisas deron como gañadora do primeiro debate electoral no Reino Unido á líder do SNP e primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon. Todos os inquéritos coinciden en situala á cabeza, por diante do xefe dos conservadores, David Cameron, e dos laboraristas, Ed Miliband.

Sturgeon obtivo unha media do 22% de apoio, que no caso da sondaxe de YouGov alcanza o 28%, dez puntos por riba do actual primeiro ministro do Reino Unido. 

Os analistas coinciden en que estes comicios, os máis incertos das últimas décadas, apuntan ao derrube do bipartidismo británico. Unha percepción que reflicten a maioría de enquisas, que deron un empate técnico a conservadores e laboristas.

Os independentistas, chaves de goberno

Os independentistas escoceses parten como favoritos para ser chave de goberno nas eleccións do 7 de maio. Sturgeon defendeu durante o debate, no que participaron os líderes dos sete partidos principais, que a súa prioridade é a independencia de Escocia, aínda que deixou a porta aberta a posibles acordos coas forzas de esquerda.

“Non farei ver que non quero a independencia, a quero, pero mentres Escocia forme parte do sistema, o SNP traballará con outras forzas coa mesma visión en todo o Reino Unido”, dixo a líder escocesa, segundo recolleu Vilaweb.
 

Comentarios