A líder do SNP ve "altamente probábel" un novo referendo pola independencia en Escocia

Alén da demisión de Cameron, a consecuencia política máis relevante no Reino Unido do Brexit é a hipótese dun novo referendo autodeterminista en Escocia.

SNP

A dar azos a esa hipótese contribuíu esta sexta feira un pronunciamento da primeira ministra escocesa e líder do SNP, Nicola Sturgeon.

Sturgeon afirmou literalmente que é "altamente probábel" unha nova consulta á populación sobre a independencia de Escocia do Reino Unido. É "democraticamente inaceitábel", dixo, que Escocia enfrente a perspectiva de abandonar a UE "contra a súa vontade".

A opción pola permanencia na UE gañou claramente en Escocia, co 62% face o 38% do Brexit.

A líder do SNP anunciou que o seu goberno vai preparar unha lexislación específica para preparar un novo referendo. Xa na campaña de Maio ao Parlamento de Edimburgo, a formación nacionalista escocesa anunciara que terían o dereito a promover unha nova consulta no caso de que se producisen "cambios materiais significativos" no status do país, en clara alusión á hipótese de que acabase por triunfar o Brexit no conxunto do Reino Unido.

Comentarios