Lenín Moreno gaña as eleccións en Ecuador

O opositor, Guillermo Lasso, fala de “manipulación” e négase a recoñecer os resultados.

Rafael-Correa-e-Lenin-Moreno-ecuador
photo_camera Lenín Moreno e Rafael Correa

Co 97% dos votos escrutados, o Consello nacional electoral (CNE) de Ecuador sinalou que o candidato Lenín Moreno foi po vencedor da segunda volta dos comicios ecuatorianos, ao obter o 51% dos sufraxios polo 49% do seu opositor, o banqueiro Guillermo Lasso. Lasso negouse a recoñecer os resultados e afirma que se Moreno toma posesión do cargo este será un “goberno ilexítimo”.

Para o líder do Movemento Creo-Suma e ex-presidente do Banco de Guayaquil, hobo manipulación de actas que influíron nos resultados. Porén, ningún organismo avalou tal denuncia. O ex-vicepresidente con Rafael Correa e novo presidente Lenín Moreno afirmou, unha vez coñecidos os resultados, que “serei o presidente de todos”.

Durante a noite, seguidores de Lasso provocaron diversos incidentes e concentráronse perto do CNE na capital aos berros de “Fraude, Fraude”. Ao mesmo tempo,, en varios barrios próximos, centos de persoas festexaban a vitoria de Lenín Maduro mentres bailaban e cantaban “Chora, banqueiro, chora”.  

Na primeira volta Lenín Moreno ficou a décimas de chegar 40% dos votos, o que lle daría a vitoria automática sen necesidade de segunda volta. Lasso logrou o 28%. 

Comentarios