Kusturica: “A Terceira Guerra Mundial comezará cando USA bombardee a canle rusa RT”

O director e músico serbio predí que Washington “tratará de silenciar pola forza unha das armas máis poderosas de Rusia” fronte á propaganda estadounidense.

Kusturica (Foto:Wikipedia)
photo_camera Kusturica (Foto:Wikipedia)


Emir Kusturica volveu falar e, como acostuma, non deixou indiferente a ningúen. O cineasta e músico asegurou nun artigo para o diario serbio Politika que “a Terceira Guerra Mundial comezará con USA bombardeando a canle RT”, segundo recolle o propio medio ruso.

Kusturica equiparou RT con algunhas das “armas máis poderosas de Rusia”, fronte a maquinaria de prensa estadounidense. Afirmou que a canle está acabando cos “estereotipos de Hollywood-CNN”, aos que considera como abandeirados da propaganda de Estados Unidos.

“Están molestos polo feito de que RT envíe sinais de que o mundo non está determinado polo inevitable do capitalismo liberal, de que os Estados Unidos lideran o mundo mediante o caos”, dixo. 

O cineasta sinalou que a canle rusa é percibida como “unha ameaza” para a hexemonía de Estados Unidos, polo que cre que Washington “tratará de silencialo pola forza”, como fixo en 1999 coa televisión estatal serbia.

Pensa que RT seguirá mostrando "a realidade detrás do 'soño americano' en horarios de máxima audiencia, revelando a verdade escondida durante décadas aos estadounidenses".

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios