Kiev ofrece máis autogoberno ás rexións do leste en troques de poñer fin ás revoltas

Ocupantes de edificios gubernamentais barallan proclamar a República de Luhanks, seguindo os asos do territorio de Donetsk.

Donetsk ucraina

Abandono dos edificios ocupados e fin das revoltas. A cambio, Kiev non tomaría represalias contra os rebeldes e estudará a posibilidade de dotar de máis autonomía ás rexións 'filorusas' de Ucraína. Esta é a oferta que o primeiro ministro ucraíno  Arseni Yatseniuk realizou após a súa visita a Donetsk.

Dentro da Constitución, traballaremos por intentar satisfacer as demandas destas rexións”, manifestou o primeiro ministro, que en Donetsk reuniuse con representantes de diferentes administracións. Recoñeceu que a situación non era doada e avogou polo diálogo e mesmo por sentar cos 'amotinados' nunha “mesa de negociación”.Palabra que no sector máis dereitista de Kiev non sentaron nada ben, partidarios como son da opción de 'man dura' contra as revoltas desas rexións do leste.

Decidir

Na rexión de Luhansk as persoas ocupantes de edificios oficiais exixen de Kiev que aproben unha lei que permite á poboación deste territorio votar sobre que opción prefiren: seguir sob administración ucraína ou integrarse en Rusia.

Valeri Bulatov, un voceiro destes ocupantes, afirmou que mesmo están a barallar a posibilidade de proclamar a República de Luhansk, seguindo así os pasos da rexión de Donetsk.

Comentarios