Junts per Catalunya e ERC pactan a investidura de Puigdemont e maioría independentista na mesa do Parlament

Puigdemont propuxo a Esquerra ser investido por vía telemática ou delegación noutro deputado. A CUP ve o acordo "positivo".

[Imaxe: NacioDigital] Carles Puigdemont
photo_camera [Imaxe: NacioDigital] Carles Puigdemont, Oriol Junqueras e Marta Rovira nunha sesión da anterior lexislatura

Carles Puigdemont e Marta Rovira (secretaria xeral de ERC) chegaron na noite desta terza feira en Bruxelas a un acoró para investir o candidato de Junts per Catalunya, segundo avanzaron Catalunya Ràdio e RAC1. O acordo non só inclúe a investidura de Puigdemont como president da Generalitat mais tamén a votación dunha mesa do Parlament con maioría independentista. Desbótase, en principio, presenza pois dos ‘comúns’.

Puigdemont tamén transladou a Marta Rovira a súa proposta de investir o presidente telematicamente (a través dunha videoconferencia, por exemplo) ou ben mediante delegación, é dicir, a través doutro deputado de Junts per Catalunya que lea o seu discurso. Desde Esquerra xa indicaron que están a estudar cos seus servizos xurídicos a viabilidade. Este acordo chega tres días antes de que esta sexta feira teña lugar una reunión en Bruxelas de Puigdemont coa maioría de deputados electos de JxCat. ERC, de por parte, ten que decidir se quer situar Carme Forcarell como presidenta do Parlament.

A deputada electa da CUP Natàlia Sànchez considera positivo o acordo e asegurou que a súa formación dará o apoio e votará "un presidente republicano".

Artur Mas

“A etapa que se abre require novos liderados”, manifestou Artur Mas esta cuarta feira após anunciar que deixa a presidencia do PDEcat. Dous anos após a súa renuncia para desbloquear a lexislatura saída das eleccións do 27S, Mas dá un novo paso ao costado. 

Comentarios