domingo 05.04.2020

Junqueras no Parlament: “Algúns confunden xustiza con vinganza”

O líder de ERC avoga polo diálogo con todas, incluído "quen aplaude" que estea en prisión.

(@bernatsale)
(@bernatsale)

Oriol Junqueras, en prisión desde novembro de 2017,volveu esta terza feira ao Parlament. Fíxoo para participar na comisión da Cámara catalá que aborda o 155. A mensaxe do líder de ERC foi clara: falar con todas, independentistas e non independentistas, mesmo con quen “aplaudiu” que o metesen en prisión. Mais tamén foi diáfano sobre o seu compromiso: “Volveremos facer un referendo”.

O líder dos republicanos apuntou á estratexia que se centra na negociación co Estado e non na confrontación para avanzar cara ao obxectivo da independencia. Convencido de que a independencia ten que pasar pola acumulación de forzas para seguir avanzando cara ao exercicio da autodeterminación, que considera inevitable.

Para defender este camiño, argumentou, hai que aceptar que o obxectivo da independencia é "lexítimo", pero tamén que é "lexítimo" oporse a ela. E, insistiu, é necesario manter un diálogo, precisamente, con "os que non te entenden" tanto para intentar convencelos como para atopar unha saída ao conflito político. "A miña actitude de diálogo non racha nin estando na prisión”.

comentarios