Junqueras defende que o castelán continúe como lingua oficial nunha Catalunya independente

O líder de ERC aposta por manter o actual sistema de inmersión lingüística. Considera que son compatíbeis inda que a lingua catalá “teña unha especial relevancia”. 

junqueras
photo_camera Orio Junqueras


O presidente de ERC, Oriol Junqueras, defende que o castelán continúe como lingua oficial nunha futura Catalunya independente. Unha afirmación recollida en Revoltats –publicado pola editorial cooperativa Ara Llibres, 2015- un libro onde o xefe do partido republicano conversa co empresario da comunicación Justo Molinero, e que foi descuberta polo diario NacióDigital.cat.

"Debemos garantir que a cidadanía que ten como lingua materna a española, poda dirixirse nela ante a administración e a xustiza", di Junqueras.

Junqueras aposta por manter o actual sistema de inmersión lingüística. Afirmou que o proceso independentista debe servir para que a sociedade catalá gane dereitos. “Debemos garantir que a cidadanía que ten como lingua materna e de uso habitual a lingua española, poda dirixirse nela ante a administración e a xustiza", engadiu.

O líder catalán asegurou que a oficialidade da lingua española é “compatíbel” co feito de que a lingua catalá “teña unha especial relevancia no ámbito da administración e da educación”.

Comentarios