Juan Carlos I sae do Parlamento de Nafarroa

Retirado o seu cadro da sala de Goberno.

Retirada do Parlamento de Nafarroa do cadro de Juan Carlos I (Parlamento de Nafarroa).
photo_camera Momento da retirada do retrato (Parlamento de Nafarroa).

O cadro do rei emérito español xa non loce no Parlamento de Nafarroa, de onde o retrato de Juan Carlos I foi retirado esta terza feira.

A retirada produciuse poucas horas despois de ser aprobada unha iniciativa en tal sentido. Presentada por  Izquierda-Ezquerra, saíu adiante co apoio do PSOE, Geroa Bai, Bildu e Podemos. Só votou en contra Navarra Suma (coalición de PP e Ciudadanos).

O cadro quedou gardado no arquivo. Na mesma xunta de voceiros debateron tamén unha proposición para investigar Juan Carlos I polas presuntas comisións do AVE, e aí os socialistas votaron en contra, polo que  non saíu adiante

Comentarios