Ministro de Relacións Exteriores de Venezuela

Jorge Arreaza: "Principiei a activar as miñas ideas naquela Galiza dos 80"

jorge-arreaza-canciller (1)
photo_camera Jorge Arreaza (Foto: UN)

O chanceler da República  Bolivariana de Venezuela, Jorge  Arreaza, pasou algúns anos da súa mocidade en Vigo e confesa que lle gustaría visitar a cidade de forma anónima. A entrevista fíxose en dúas partes, unha no despacho e outra vía on-line.

Este domingo, 6 de decembro o seu goberno convocou a eleccións da Asemblea Nacional. Como se están realizando os preparativos electorais?

Estamos a ter un gran respaldo da maioría dos partidos políticos venezolanos. As máis importantes organizacións da oposición inscribíronse para estas eleccións, entre eles a histórica Acción Democrática e o  COPEI. Tamén Alianza, Progresista, Cambiemos, Esperanza polo Cambio. Até o coñecido opositor Enrique  Capriles inscribiu o seu partido. 

Este pasado  1 de setembro, envíeille  ao Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Josep Borrell,  unha invitación como observador e "acompañante internacional” do proceso para renovar a Asemblea Nacional.  

No texto sinaleille que a súa visita  permitiría contribuír ao clima de entendemento democrático entre venezolanos e constituirá un respaldo europeo aos medios políticos, pacíficos e negociados que deben prevalecer para a resolución das controversias existentes en Venezuela. 

Esta mesma carta  envieille tamén ao Secretario Xeral das Nacións Unidas, o portugués Antonio  Guterres, a quen  convido como observador electoral do proceso.

O seu pai foi parte do corpo consular venezolano na Galiza. Cales son os seus recordos daquela época?

Pasei entre os 12 e os 14 anos en Vigo. Naqueles anos fixen grandes amizades e vinculeime coa esquerda da Galiza; estudei nun colexio onde había independentistas e socialistas e que quedaba na contorna de Vigo, o Rosalía de Castro. Alí principiei a activar as miñas ideas, na Galiza dos anos 80.  

Entendía o idioma galego?

Claro, perfectamente. Lía libros en galego. Especialmente as poesías de Rosalía de Castro. O colexio que estudaba tamén se chamaba Rosalía de Castro, que fora fundado por  Antia Cal. O colexio  tiña unha orientación  nacionalista. Así que aprendín o idioma. Os meus compañeiros de estudos falaban de forma regular  en galego. Esta escola era moi progresista por eses tempos, foi un verdadeiro sementeiro de mozos militantes de esquerda.

A entrevista ao completo podes lela no Nós Diario que se publica este sábado e que podes adquirir na nosa loxa

Comentarios