Johnson ameaza con eleccións diante da ruptura entre os conservadores

A perda da maioría no Parlamento podería obrigar o goberno británico a solicitar unha nova prórroga: tres meses máis a partir do 31 de outubro.
Reino Unido
photo_camera [Imaxe: VilaWeb] Boris Johnson no Parlamento británico.

As parlamentarias e parlamentarios contrarios ao Brexit son maioría no Parlamento británico -328 contra 301, despois de que parte dos conservadores se negasen a apoiar ao goberno e cambiasenn de bando- e poden forzar unha maioría de bloqueo contra as intencións do orimeiro ministro, Boris Johnson, dunha "saída" rápida da UE. Johnson ameazou a pasada terza feira con ir a unhas novas eleccións para eludir o bloqueo parlamentario. Foi a súa última manobra despois de semanas intentando salvar os obstáculos no Lexislativo con recursos legais, como o de suspender o período de sesións parlamentarias.

Para esta cuarta feira está previsto un debate de urxencia no que a oposición ao goberno parece que apostará en forzar unha nova prórroga da UE para seguir negociando. A data do 31 de outubro adiaríase. Pero ademais o goberno de Johnson, e o seu fráxil liderado entre os conservadores, podería ficar definitivamente sepultado.

Johnson pretende convencer agora a cámara de representantes de que está negociando unha saída ordenada coa UE, pero no debate da terza feira non puido presentar evidencias, como lle reclamaron os opositores. Entre os conservadores, hai quen xa fai bandeira dun afundimento da economía se o Brexit se produce. 

Os laboristas xa non dan marxe a Johnson. Un portavoz asegura que "non haberá Brexit sen acordo parlamentario" e "tampouco se farán eleccións nas condicións de Johnson, senón nas nosas".

A unidade dos conservadores rachou. Segundo medios británicos, unha reunión na terza en Downing Street -a sede do primeiro ministro- rematou "de forma precipitada". Pero Johnson non cede e acusa os opositores de estar favorecendo un próximo goberno laborista con Jeremy Corbyn á cabeza. Mais esta ameaza non lle parece tan grave como a dun Brexit desordenado a unha parte importante do Partido Conservador.

Xunto con outros conservadores moderados, foi á rúa Downing na terza cedo para escoitar as explicacións de Johnson. E como informaron todos os medios británicos, a reunión terminou de forma acentuada. O primeiro ministro non quixo buscar a complicidade dos seus detractores, senón que continuou co ataque desde o primeiro minuto e acusounos de favorecer coa súa actitude a un futuro goberno laborista encabezado por Jeremy Corbyn.

Comentarios