Joe Biden, presidente electo dos Estados Unidos

O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, converteuse este sábado en presidente electo dos Estados Unidos. 
Joe Biden gaña as eleccións nos EEUU.
photo_camera Joe Biden gaña as eleccións nos EEUU.

O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, converteuse este sábado en presidente electo dos Estados Unidos, segundo a práctica totalidade das proxeccións dos medios estadounidenses.

Na súa primeira mensaxe após coñecer os resultados destas novas estimacións, Biden agradeceu aos estadounidenses a confianza depositada e prometeu que servirá a todos os cidadáns do país, demócratas ou republicanos. "América, hónrame que me elixira para liderar o noso gran país", dixo. 

Tórnase así Biden gañador proxectado da elección presidencial tras asegurar Pensilvania, segundo reportan AP e NBC News. 

O candidato demócrata derrotou ao presidente Trump despois de gañar Pensilvania e obter 20 votos electorais, segundo as proxeccións de The  Associated Press e NBC News.

Na pasada sexta feira pola tarde, o presidente Trump emitiu unha declaración que dicía: "Continuaremos este proceso en todos os aspectos da lei para garantir que o pobo estadounidense teña confianza no noso goberno".
 

Comentarios