Joaquim Forn, ex conseller preso en Estremera, dá positivo na proba de tuberculose

A dirección da prisión decidiu separalo do compañeiro de cela, Oriol Junqueras.

Forn
photo_camera Joaquim Forn

Joaquim Forn, ex conseller de Interior e preso desde o pasado 2 de novembro en Estremera, deu positivo na proba de tuberculina nos protocolos que se realizan habitualmente no cárcere, mais non desenvolveu a enfermidade.

O preso catalán iniciou un tratamento de 3 meses de medicación que lle provocará efectos secundarios, tratamento que tamén seguen outros reclusos na mesma situación. Un sector da poboación de persoas presas neste cárcere español ten Sida ou deu positivo en tuberculina.

A dirección de Estremera decidiu hai unas semanas afastar Forn do seu compañeiro de cela, Oriol Junqueras, líder de ERC. Segundo El Nacional, na recente petición do ex conseller de posta en liberdade un dos argumentos era que dera positivo en tuberculina mais o avogado optara por non facelo público. Esa situación padécena máis presos e non é motivo suficiente de posta en liberdade.

Comentarios