Jiménez Losantos ve "covarde" o goberno por non bombardear Barcelona

"Por suposto que os podemos voltar a bombardear [as e os cataláns]", dixo o xornalista no seu programa de radio. Se non se fai é por culpa "do lixo de goberno que temos". "España ten 70 mil policías, 90 mil gardas civís e 50 mil soldados perfeitamente armados que por suposto poden tomar Barcelona en 5 minutos", tronou.

JL
photo_camera JL

"Claro que temos avións para bombardear. Por suposto. Outra cousa é que a casta política prefira que se destrúa España antes de utilizar lexitimamente a forza", dixo Jiménez Losantos en alusión a unhas declaracións de Puigdemont en que o president afirmaba que o Estado español xa non podía bombardear Catalunya como no pasado.
 

Comentarios