IU cría unha comisión para depurar as responsabilidades dos seus militantes no escándalo das tarxetas black

Militantes de IU que tiñan cadeira nos órgaos de goberno de Caja Madrid-Bankia serán investigados por unha comisión interna para determinar as súas responsabilidades.

cayo lara
photo_camera Cayo Lara

A dirección de IU aprobou a criación dunha comisión de transparecencia que ten como obxectivo pesquisar o comportamento dos 4 militantes da formación que supostamente están envolvidos no escándalo do uso das tarxetas black.

Un deles é José Antonio Moral Santín, da organización de IU na comunidade de Madrid. De acordo coa auditoría interna de Bankia, este dirixente, que durante 7 anos foi vicepresidente de Caixa Madrid, chegou a cargar na súa tarxeta black gastos por valor de 456.500 euros. 

IU chegou a ter até catro militantes nos órgaos de goberno de Caixa Madrid. Todos eles serán agora obxecto desta investigación interna.

"No mellor dos casos, os nosos representantes nas caixas foron os parvos útiles que permitiron á dereita privatizar as caixas"

A comisión de transparecencia vana compor catro dirixentes de IU: Ramón Luque, Manuel Fuentes, Lola Sánchez e Antonio Cortés.

En declaracións recollidas por eldiario.es, Ramón Luque admite que a formación non estivo suficientemente vixilante nos últimos anos: "Tivemos que estar máis atentos". "No mellor dos casos, os nosos representantes nas caixas foron os parvos útiles que permitiron á dereita privatizar as caixas e pór en marcha un dos maiores trapasos de capital público a mans privadas", engade.

Aliás, IU demanda a constitución no Congreso dos Deputados dunha comisión de investigación sobre o funcionamento das caixas.

Comentarios