xoves 09.04.2020

Italia xa supera China en falecementos por coronavirus: 3.408

Nas últimas 24 horas faleceron 427 persoas.

Italia xa supera China en falecementos por coronavirus: 3.408

O número de persoas falecidas por coronavirus en Italia é, ás 18:00 horas deste 19 de marzo, de 3.405, após sumar 427 mortas nas últimas 24 horas. Italia pasa así a superar China como o estado con máis falecidos e falecidas polo virus COVID-19.

En China, segundo dados oficiais, morreron desde o inicio do virus 3.245 persoas. No último día non se rexistrou ningún novo caso de coronavirusen China, o que indicaría que, en principio e con todas as cautelas precisas, estaría a gañarse a batalla ao coronavirus.

Segundo fontes de protección cvil italiana citada por medios dese país, o número de casos rexistrados supera xa os 41.000, dos que 33.000 son positivos -máis de 300 rexistráronse en crianzas-.  A boa nova é que hai 4.400 pacientes curados. 

Nas últimas horas as autoridades italianas incidiron nas advertencias sobre as consecuencias desta pandemia, incidindo en que medidas como o illlamento ou o confinamento ían ter que estenderse máis tempo do previsto inicialmente.

Hai máis de 234.000 casos de coronavirus en todo o mundo, afectando 168 estados. O número de falacementos achégase a 10.000.


 

comentarios