Israel viola a tregua 4h após entrar en vigor

Apenas pasaran unhas horas do inicio do cesamento ao fogo acordado durante 72 horas cando a artillaría israelita asasinaba a catro cidadáns palestinos no sur da Faixa de Gaza, na cidade de Rafah. O número de persoas mortas ascende a máis dunha vintena.

A tregua, que encetaba ás 08.00 a.m (hora galega), tan só durou catro horas após carros blindados da Tashal, forzas armadas de Israel, lanzaren de novo ataques contra a poboación civil. Segundo as axencias de noticias internacionais foron resgatados tres corpos polos servizos de emerxencias palestinos nas primeiras horas da mañá. A cifra, ascende xa a máis dunha vintena mentres se manteñen os ataques no sul da Faixa. 

Israel deixa en perto de tres semanas de ofensiva máis mortes en Gaza das que causara na operación'Chumbo Fundido' de 2008-2009 onde foran asasinad@s 1.459 persoas. Desde Tel Aviv acusan a Hamas de ter cometido unha "violación flagrante" do cesamento ao fogo decretado para xustificar o seu incumprimento. 

Desde o 8 de xullo en que se iniciou a intervención 'Bordo Protector' caeron en combate 61 soldados israelitas, dous civís e un operario tailandés que traballaba na capital do Estado de Israel.

Comentarios