Israel ocupa novos espazos en Cisxordania

O réxime israelí segue a violar territorios palestinos. Segundo dá a coñecer a ONG Paz Agora, Israel confiscou 11 hectáreas no norte de Cisxordania para edificar unha nova zona industrial.

Ato-em-Londres-mostra-como-e-a-vida-dos-palestinos-que-estao-no-meio-do-conflito-na-Faixa-de-Gaza-foto-Mike-Kemp-Oxfam201408140003
photo_camera Un acto en Londres amosa como é a vida dos palestinos en Gaza

Paz Agora, ONG israelí que fai seguimento dos asentamentos ilegais das autoridades de Tel Aviv, Israel confiscou un total de 11 hectáreas na zona norte da Cisxordania ocupada para construír unha zona industrial.

A zona industrial ficará baixo a xurisdición do Consello Rexional Shomon, que representa os intereses das colonias ilegais que Israel construíu na Cisxordania ocupada.

Estas 11 hectáreas súmanse ás 11,5 que confiscou Tel Aviv en Al-Zawiya e a outras 126 previamente declaradas “terras do Estado”. Outras tres hectáreas foron incautadas para a construción dunha autoestrada.

A ONG tamén salienta no seu último informe que en marzo Israel declarou como “terras do Estado 234 hectáreas para construír o asentamento ilegal de Almoq”. Aliás, denuncia que Israel se fai con terras palestinas sen que os propietarios teñan a oportunidade de acudiren aos tribunais.

Comentarios