Israel enceta a segregación no transporte público: Autocarros só para palestinian@s

O Ministerio de Transportes israelí activou dúas liñas de autocarrós 'só para palestinian@s', vehículos que comunicarán Cisxordania con Israel. A medida resposta á petición dos colonos israelitas, opostos a partillar trasnporte con 'árabes'
palestina

O Ministerio de Transportes de Israel deseñou para os e as palestinianas de Cisxordania que traballan en Israel un exclusivo servizo de autocarros. Vehículos, de feito, nos que só viaxarán palestinianos. Unha deferencia que resposta ás solicitudes dos colonos dos asentamentos sionistas, que levaban anos queixándose de ter que partillar autocarro con árabes. Iso si, alegan que non querían ir nos autocarros con palestinianos por, como non, motivos de seguridade.

"A segregación dos autocarros é outra característica dun rexime baseado na separación de residencia, movimento e leis segundo a orixe das poboacións, e, como tal, achega a Israel un paso máis o 'apartheid'", denuncia o profesor de Dereito da Universidade de Tel Aviv Aeyal Gross no xornal Haaretz. 

Palestinanos de hoxe, os negros de onte

Gross lembra a Rosa Parks, a viaxeira negra que en 1955 se negou a ceder o asento no autocarro a un branco en Alabama no feito revelador do movemento dos dereitos civís en EE UU.

Un conductor da compañía de autocarros Afikim, que opera nesa zona, confirmou que nos postos de control do exército israelí comprobarase quen viaxa nos vehículos. "Pedirase aos palestinianos que viaxen nos seus propios autocarros", concluiu

"Simplemente, é racismo"

"Isto é simplemente racismo. Non se pode xustificar alegando seguridade. É segregación" denunciou Jessica Montell, directora de B'Tselem, o Centro Israelí de Información de Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados.

Cada día, máis de 30.000 palestinianos de Cisxordania cruzan a pé ou en carro ou en autocarro a Israel para traballar. Malia teren os seus papeis laborais en regla, moitos destes traballadores tiñan que baixar dos autocarros e facer o traxecto a pé ante a oposición de viaxeiros israelitas a partillar espazo con eles.

Máis un paso

A nova da segregación no transporte público fai que desde colectivos palestinianos e mesmo de dereitos humanos de Israel lembren que este apartheid xa se aplicaba de facto en determinadas estradas, polas que se prohibía circular a árabes.

Comentarios