Israel ergue un novo muro, agora en Xerusalén Leste

O goberno sionista asegura que é "temporal" e argüe razóns de "seguridade" para xustificar o seu levantamento.

Muro
photo_camera [Imaxe @gomez_jn]

O estado de Israel comezou este domingo (18 de outubro) a construción dun muro no barrio Armon HaNatziv, en Xerusalén Leste. Trátase dunha infraestrutura de 10 metros de altura que o goberno sionista atribúe a razóns de "seguridade" perante os ataques palestinos contra poboación colona israelita. 

Desde o concello de Xerusalén aseguran que se trata dunha "medida de seguridade provisional" para impedir, din, o lanzamento de pedras e cócteles molotov "contra vivendas e coches xudeus". 

No mes de outubro foron asasinad@s máis de 40 palestin@s, a maior parte abatid@s a tiros polas forzas israelitas. Doutra banda, uns 8 israelís morreron en ataques palestinos no marco desta nova Intifada (levantamento). Trátase dun movemento popular que envolve poboación moza nada, en moitos casos, con posterioridade aos Acordos de Oslo (1993) e que atinxe diversos puntos do territorio palestino ocupado coa creación do Estado de Israel en 1948, principalmente en Cisxordania, Xerusalén e tamén na fronteira con Gaza. 

Comentarios