Israel suxire que os civís palestinos mortos nos bombardeos eran ‘escudos humanos’ de Hamás

Cando a cifra de persoas mortas polos bombardeos roza os 100 (22 delas, crianzas), o representante israelí na ONU apunta a que son instruídos por Hamás para ser escudos humanos. 

palestine

A cifra de persoas mortas durante os catro días de incesantes bombardeos, desde aire e mar, do Exército israelí sobre Gaza vanse achegando ao centenar. Segundo a última cifra dada polo Ministerio de Sanidade da Franxa, son 90 as persoas  falecidas, entre elas máis dunha vintena de crianzas. @s ferid@s rozan @s 700 e os desprazados son milleiros. Para o goberno israelí, porén, eles non teñen responsabilidade algunha sobre estas vítimas.

A aviación israelí bombardeou un 'chiringuito' de praia onde  palestinos estaban a ver o Arxentina-Holanda.  Matou a 9 persoas

O embaixador israelí perante a ONU, Ron Prosor, asegurou que o Exército toma todas as medidas necesarias para evitar que as súas accións ‘afecten a civís’. Afirmou que “o Exército advirte os palestinos de Gaza dos bombardeos inminentes. Mais Hamás instrúe a estes civís para que suban aos tellados e sexan escudos humanos.Cometen un duplo crime: atacar a civís siraelís mentres se agochan tras civís palestinos”.

Riyad Mansur, embaixador palestino perante a ONU, citou as Convencións de Xenebra para lembrar á comunidade internacional que teñen a “obriga” de protexer os civís palestinos. Ademais, anunciou que o presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, solicitou ao goberno de Suíza (estado depositario deses Convenios) que convoque unha xuntanza sobre a protección de civís en tempos de guerra.

Comentarios